Libro “Máster Software Libre en Galicia, ano II” Febreiro 17, 2013

No ano 2012 a Asociación GHANDALF elaborou o libro “Máster Software Libre en Galicia, ano II“, sendo o mesmo unha escolma dos principais traballos levados a cabo polos alumnos deste Máster na súa edición galega do curso 2008-2009. Deste xeito, inclúe os traballos de:

Manuel Fontán García
Pedro García Rodríguez
Javier Jardón Cabezas
Beatriz Montero Fernández
José Puente Fuentes
Manuel Rego Casasnovas

A maiores dos contidos citados, o libro contra cun prólogo xentilmente elaborado pola Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) e con epílogo obra do GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux).

O traballo de elaboración do libro foi levado a cabo pola Asociación GHANDALF, sendo Roberto Vieito o encargado da coordinación e dirección das diferentes tarefas precisas para a súa confección.

A falta de rematar unha web propia para este libro na que se inclúan os ficheiros fonte e mailas diversas versións do mesmo, ao estilo de producingoss.ghandalf.org ou mswl.ghandalf.org, no presente artigo poñemos a disposición de calquera interesado-a este novo libro técnico en galego sobre o Software Libre. Pódelo descargar dende  esta ligazón.

One Comments
Manuel Marzo 16th, 2013

Un libro moi interesante, e en galego! Gracias polo traballo que leváchedes a cabo.

Leave a Reply