Charlas de OpenStreetMap en centros de ensino galegos

openstreetmap_logo-svgO pasado martes varios membros de Ghandalf votámonos á estrada para dar varias charlas en centros de ensino galegos.

Pola maña estivemos en Coristanco, no CPI Alcalde Xosé Pichel, e pola tarde en Negreira, no IES Xulián Magariños.

En ambos casos a temática das charlas era OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres. Un total de 85 alumnas e alumnos en Coristanco e algo máis de 100 en Negreira puideron coñecer as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap de primeira man, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.

Agora, todas e todos eles teñen traballo por diante, xa que preparamos un pequeno concurso para que durante as dúas próximas semanas consigan ser os que máis contribucións fagan a OSM no seu centro.

Temos que agradecer a boa acollida e facilidades que nos deron en ambos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ás alumnas e alumnos.

Esta actividade realizouse no abeiro do convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do Software Libre.

Facebooktwittergoogle_plusmail
2 Comments

    OpenStreetMap achegouse aos centros de ensino galego da man de Ghandalf | Código.gal

    […] días pasados celebráronse dous relatorios sobre o proxecto OpenStreetMap, ámbolos dous impartidos o 4 de outubro pola Asociación Ghandalf. As ditas actividades foron impartidas en dous centros de ensino galego, na quenda da mañá no CPI […]

    weeklyOSM 329 | weekly – semanario – hebdo – săptămânal – haftalık – 週刊 – týdeník – edisi

    […] complete article about an OSM Workshop for high school students by the Ghandalf Association in Galicia, who have being giving talks since 2010 about the use of free software and open data. […]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*
*