A Asociación GHANDALF participou como relatora nas VII Xornadas de Software Libre de Mugardos 3 julio 2010

A Asociación Ghandalf tivo a honra de participar nas VII Xornadas de Software Libre de Mugardos, celebradas o pasado 26 de xuño na Casa do Concello de Mugardos,  mediante unha ponencia adicada a analizar polo miúdo o concepto de Interoperabilidade, e a súa implicación na integración de sistemas libre e sistemas privativos.

En liñas xerais, a afluencia de público ao evento foi moi significativa, así como a interacción do mesmo cos relatores. O nivel das ponencias foi realmente moi bo, ademais de contar todas elas cun elevado interese. A sensación final coa que nos quedamos os participantes na Xornadas foi que as mesmas rozaron a perfección en moitos eidos.

Os materiais empregados pola Asociación Ghandalf na súa ponencia \”Interoperabilidade entre Sistemas Libres e Sistemas Privativos. A Convivencia é posible\” están dispoñibles na sección de documentación da nosa Web, ou directamente no seguinte enlace.

Por outra banda os organizadores das Xornadas, a Asociación Comunidade o Zulo, a maiores de demostrar unha capacidade organizativa envexable, gravaron en video todo o decorrer das xornadas, polo que foi posible que as mesmas foran seguindas on-line de xeito virtual por varias ducias de internautas, así como que poidamos volver a disfrutalas conectándonos a http://www.ustream.tv/channel/prueba-scq-2

\"\"

\"\"

One Comments
Nacho julio 9th, 2010

Está moi ben a presentación!!!
A pena é o audio do video que é practicamente inaudible… :S

Leave a Reply