Participación de GHANDALF no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano

O V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano é unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteira Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.
No discorrer do curso vaise facer fincapé na importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
A nosa Asociación recibiu a honra de participar nestas xornadas a través da ponencia que vai a levar a cabo Andrés Estévez (membro do Grupo de Sistemas de Información de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e membro de GHANDALF) titulada “Tecnoloxías da información para a Comunicación (TICs). O caso do Software Libre”.
A devandita ponencia está reprogramada para o venres 23 de abril entre as 18:45 e as 20:00 horas no campus sur da Universidade de Santiago de Compostela.

Facebooktwittergoogle_plusmail

O Master de Software Libre xa se pode cursar por módulos

O Master de Software Libre organizado pola empresa galega Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos xa permite cursar algúns módulos de xeito independente. A inscrición xa está aberta para os seguintes módulos:

Cada un dos  módulos poderase cursar dende 980€ grazas a política de descontos do Master coma por exemplo ser socio dalgúns GULs entre eles Ghandalf.

Facebooktwittergoogle_plusmail

Charla para o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia

GHANDALF realizará este venres no Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación de Vigo de 19:00 a 21:00h unha charla de Introdución ó Software Libre e ó Sistema Operativo Ubuntu. Durante a sesión, tratarase de que os asistentes comprendan o concepto do Software Libre así como de amosar o uso e estado do Software Libre no escritorio practicando co sistema operativo Ubuntu.

Introdución

  • Qué é o Software Libre?
  • Por qué é útil para empresas, administracións e usuarios?
  • Proxectos de Software Libre:
    • Nokia e Maemo
    • A Generalitat Valenciana e GvSIG
    • Linux e a comunidade que ten ó seu arredor

Módulos de Uso do Sistema

Básico (uso ofimático)

  • Primeira Vista do Sistema
  • Instalación de programas
  • Conceto de escritorios
  • Multimedia, Internet
  • OpenOffice

Avanzado

  • Virtualización e uso de varios sistemas.
  • Compartición de recursos entre diferentes sistemas operativos
  • Sincronización e backups.
  • Uso de consola e automatización de tarefas.
  • Caso específico: uso de GIS
Facebooktwittergoogle_plusmail

Estatutos

A Asociación GHANDALF é unha Asociación legalmente constituída e Inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para alcanzar o estatus anterior seguíronse escrupulosamente as canles oficias definidas a tal efecto. Un dos preceptos indispensables do proceso foi a elaboración duns Estatutos compatibles coa lexislación vixente nos cales se expoñen tanto as motivacións e obxectivos da Asociación, como o xeito de funcionamento xeral da mesma.

Tra-la revisión e aprobación dos Estatutos, e resto de documentación aportada polos Socios Fundadores, feita polo órgano oficial competente a tal efecto (Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia), dóuselle o Visto e Prace oficial á nosa iniciativa asociativa.

Como en GHANDALF estamos comprometidos co Software Libre e coa súa Filosofía, é unha obriga para nós fornecer os nosos estatutos para que poidan ser consultados e/ou reaproveitados por calquera persoa/entidade interesada.

Para cumprir con esta obriga moral, tes dispoñible para descargar os nosos estatutos en formato ODT no seguinte enlace, ou ben en formato PDF neste outro enlace.

Descarga os Estatutos de GHANDALF en formato ODT

Descarga os Estatutos de GHANDALF en formato ODT

Descarga os Estatutos de GHANDALF en formato PDF

Descarga os Estatutos de GHANDALF en formato PDF

Facebooktwittergoogle_plusmail