D7AIhJMX4AADxmw

No ano 2017, en colaboración con Xeoinquedos e coa financiación recibida a través do convenio para a difusión do Software Libre en Galicia asinado coa AMTEGA, organizamos o primeiro Drone Day en Galicia. Froito desta actividade despertouse na asociación o interese polos drones, como ferramenta para xerar imaxes xeorreferenciadas que puidesen servir de base para a actualización e mellora do proxecto OpenStreetMap.

Dende ese momento e despois de mercar o noso propio drone, tamén financiado polo convenio para a difusión de Software Libre asinado coa AMTEGA, levamos a cabo diversas actividades de difusión para mostrar as tecnoloxías de software libre coas que se poden conseguir imaxes xeorreferenciadas a partir de voos cun drone. Principalmente empregamos o proxecto libre OpenDroneMap, para xerar imaxes que poden ser cargadas como base no proxecto OpenStreetMap.

Repositorio de datos

A través desta páxina mantemos tamén un repositorio cos conxuntos de imaxes en bruto (datasets) que conseguimos co drone, así como tamén as imaxes xeorreferenciadas, xa procesadas (ortofotos), que subimos á plataforma OpenAerialMap. Toda a información dispoñible neste repositorio publícase baixo a licenza libre Creative Commons 4.0 Recoñecemento Compartir Igual.

Datasets

Ortofotos

Perfil OpenAerialMap Asociación GHANDALF