GHANDALF
	<description>Asociación GHANDALF</description>
	<language>en</language>
	<sy:updateFrequency>1</sy:updateFrequency>
Gnome 3 Launch Party Galicia
Co lanzamento da versión 3, o proxecto Gnome dá un enorme salto  cualitativo tanto dende o punto de vista tecnolóxico, como dende o  punto de vista funcional. Deste xeito, a versión 3 representa a nova  xeración do escritorio libre por excelencia.
Para difundir a trascendencia deste lanzamento, o vindeiro xoves 28 de abril na aula 3.1 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, celebraremos a Gnome 3 Lauch Party galega.
Para profundizar axeitadamente en Gnome3, temos preparado o seguinte programa:
18:00 – 18:15    Presentación da GNOME 3 Launch Party Galicia
18:15 – 18:45    Presentación do proxecto GNOME
18:45 – 19:15    Demo de GNOME 3
19:15 – 19:45    GNOME 3  galeguizado
19:45 – 20:00    Sorteo de agasallos entre os asistentes, incluíndo un portátil con GNOME 3!!
A Launch Party galega está sendo organizada pola Asociación Ghandalf en colaboración coas Asociacións Gpul e Trasno, contando co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio 2011 coas Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre.
En base ao programa exposto, percorreremos a interesante historia do proxecto Gnome, amosando as importantes innovacións presentes tras do recente salto xeracional, para a continuación ver en acción o que Gnome 3 nos ofrece, e coñecer de primeira man o intenso traballo da comunidade galega de localización de Gnome, a cal posibilitou que todos nós poidamos disfrutar de Gnome 3 en galego dende o primeiro día.
Para rematar a launch party, repartiremos agasallos entre todos os asistentes. A maiores das camisolas, chapas, tazas, etc. conmemorativas do lanzamento, tamén podes conseguir un portatil con Gnome 3, listo para que poidas empregar a última versión deste exitoso escritorio libre!
		<slash:comments>1</slash:comments>
Xornada sobre Software Libre e Licenciamento no IES Xulián Magariños
O pasado 2 de novembro, a Asociación GHANDALF impartiu unha xornada de divulgación e formación dirixida aos alumnos dos Ciclos Superiores de Informática do IES Xulián Magariños de Negreira.
A temática da devandita xornada foi “Software Libre e Licenciamento“, tendo como obxectivo amosarlle a panorámica xeral do licenciamento (propiedade intelectual, dereitos de autor, licenzas) e a súa fortísima relación co Software Libre, facendo fincapé naquelas cuestións de máis interese dende o punto de vista de toma de decisións estratéxicas por parte dun prescritor de tecnoloxía, o cal con toda seguridade vai ser o rol de moitos dos asistentes á Xornada.
Sobre o fío conductor anterior, os alumnos dos Ciclos Superiores de Informática (en torno a uns 30 asistentes) foron presentando múltiples dúdidas demostrando tanto o seu interese, como a aplicabilidade deste tópico na súa xa inminente vida laboral.
Ghandalf fíxolle chegar a todos os alumnos un bo conxunto de documentación dixital sobre a temática en cuestión, a maiores de varias ferramentas e sistemas operativos Software Libre.
A presentación empregada na Xornada está dispoñible na sección de documentación da nosa web, sendo os seguintes os seus enlaces directos:
En pdf, dispoñible neste enlace directo.
En odp, dispoñible neste enlace directo.
Impartir esta xornada foi unha agradable labor para Ghandalf, polo que queremos amosarlle o noso agradecemento á Dirección do Centro, a cal en todo momento facilitou que a xornada puidera levarse a cabo dun xeito óptimo.
		<slash:comments>0</slash:comments>
Resumo da participación de Ghandalf na LSWC
Como viñemos dando conta na nosa Web, Ghandalf <a href=\"http://www.ghandalf.org/ghandalf-colabora-na-organizacion-da-lswc/\" target=\"_blank\">aportou o seu gran de area na organización e celebración da LSWC e máis tamén <a href=\"http://www.ghandalf.org/participacion-de-ghandalf-na-lswc-evento-alternativo-a-oswc/\" target=\"_blank\">participou na mesma coa <a href=\"http://www.ghandalf.org/seleccion-da-ponencia-de-ghandalf-para-a-oswc/\" target=\"_blank\">ponencia que tiña aprobada para a OSWC.
O día 27 de outubro, en Málaga, foi un gran día para o Software Libre en España, posto que se celebrou un impresionante evento <a href=\"http://www.libresoftwareworldconference.org/index.php/es/sobre-la-conferencia/organizacion\" target=\"_blank\">organizado e patrocinado nun tempo record por distintos axentes Software Libre de todo o estado. É moi salientable o alto nivel que tivo o evento, e o comportamento exemplar dos moitos participantes no mesmo. Asimesmo, <a href=\"http://www.asolif.es/\" target=\"_blank\">ASOLIF e as empresas que o compoñen (a través das distintas Asociacións Autonómicas de Empresas de Software Libre) demostraron unha enorme capacidade de traballo en comunidade; noraboa a todos, e moitas grazas polo conseguido!
No ámbito da <a href=\"http://www.libresoftwareworldconference.org/index.php/es/sobre-la-conferencia/organizacion\" target=\"_blank\">LSWC, Ghandalf levou a cabo a ponencia \”Localización y traducción de documentación de alto nivel\” <a href=\"http://www.libresoftwareworldconference.org/index.php/es/sobre-la-conferencia/agenda\" target=\"_blank\">entre as 15:30 e as 16:00 horas na Sala 2 do evento. Durante estes 30 minutos, Ghandalf explicoulle á audiencia da sala a conceptuación do proxecto <a href=\"http://producingoss.ghandalf.org/\" target=\"_blank\">POSS-GL, as distintas fases polas que discorreu a súa definición e execución, así como os resultados obtidos do mesmo, e a metodoloxía xerada.
Foi un pracer para os membros de Ghandalf que se desprazaron ata a LSWC comprobar o interese da audiencia, así como os contactos mantidos con posterioridade á mesma para ver a aplicabilidade da metodoloxía desenvolta a proxectos de índole ben distinta.
Así mesmo, foi unha agradable sorpresa comprobar a gran asistencia que houbo ao evento (durante a sesión de inaguración o público excedía a capacidade da sala), e a gran presenza de axentes Software Libre galegos, síntoma claro da boa saúde da que goza o Software Libre made in Galicia.
A presentación empregada na LSWC está dispoñible na <a href=\"../documentacion/\" target=\"_blank\">sección de documentación da nosa web, sendo os seguintes os seus enlaces directos:
En pdf, dispoñible neste <a href=\"http://www.ghandalf.org/wp-content/uploads/POSS-GL_LSWC.pdf\" target=\"_blank\">enlace directo.
En odp, dispoñible neste <a href=\"http://www.ghandalf.org/wp-content/uploads/POSS-GL_LSWC.odp\" target=\"_blank\">enlace directo.
		<slash:comments>0</slash:comments>
Ghandalf colabora na organización da LSWC
Dada a importancia que un evento como a cancelada OSWC ten para o posicionamento internacional do traballo que se está a facer con Software Libre tanto en Galicia como no resto do estado español, GHANDALF considerou imprescindible aportar (dende a medida das súas posibilidades) todo o posible para que se celebrase o evento alternativo: a <a href=\"http://libresoftwareworldconference.org\" target=\"_blank\">Libre Software World Conference.
Nun primeiro momento, a Asociación GHANDALF dirixiu estes esforzos a tentar ter un espazo dentro da programación da Conferencia alternativa, baseando esta presencia na <a href=\"http://www.ghandalf.org/seleccion-da-ponencia-de-ghandalf-para-a-oswc/\" target=\"_blank\">ponencia que xa fora previamente aprobada pola Comisión de Valoración da OSWC. Afortunadamente, a ponencia de GHANDALF (sobre a sistematización da localización de documentación de alto nivel relativa a Software Libre) tamén recibiu un espaldarazo por parte do Comité de Selección de Contidos da LSWC, polo que o primeiro paso viuse cumplido ao contar GHANDALF coa honra de disertar na LSWC sobre a \”Localización y traducción de documentación de alto nivel\”, tal como se pode ver na <a href=\"http://www.libresoftwareworldconference.org/index.php/es/sobre-la-conferencia/agenda\" target=\"_blank\">Axenda Final da LSWC.
Unha vez percorrido este primeiro paso, GHANDALF pasou a dirixir os seus esforzos a colaborar na medida do posible na xestión e organizacion do Evento, e ao contar coa financiación obtida a través do Convenio das Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre coa <a href=\"http://www.fundacioncalidade.org\" target=\"_blank\">Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (promovido pola <a href=\"http://imit.xunta.es\" target=\"_blank\">Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da <a href=\"http://www.xunta.es\" target=\"_blank\">Xunta de Galicia) puido facer unha aportación económica á organización da LSWC, axudando deste xeito a sufragar os gastos derivados da súa organización.
Esta modesta aportación económica, posibilitada grazas á existencia do citado Convenio (posibilitada por tanto grazas á <a href=\"http://www.fundacioncalidade.org/\" target=\"_blank\">Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e á <a href=\"http://imit.xunta.es/\" target=\"_blank\">Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica), levou aparellada a honra de que <a href=\"http://www.libresoftwareworldconference.org/index.php/es/sobre-la-conferencia/organizacion\" target=\"_blank\">a LSWC designase a GHANDALF como patrocinador da Conferencia.
Moitas grazas a todas as Entidades que fixeron posible esta honra!
		<slash:comments>0</slash:comments>
Participación de GHANDALF na LSWC (evento alternativo á OSWC)
Tras da cancelación, por parte da Junta de Andalucía, da OSWC, as empresas que forman ASOLIF (Federación de Asociacións de Empresas de Software Libre de España) deron unha tremenda sinal de madurez por parte do tecido empresarial relacionado co Software Libre mediante a organización dun evento substitutivo, a celebrarse no mesmo lugar nas mesmas datas, e co mesmo obxectivo: a difusión e promoción do Software Libre e de casos de éxito do seu uso.
Este evento, nomeado como <a href=\"http://libresoftwareworldconference.org\">Libre Software World Conference fixo unha convocatoria aberta de participación no mesmo por parte de axentes conformadores do ecosistema español do Software Libre. Ghandalf, aproveitando o traballo xa feito para a OSWC, presentou a súa candidatura a participar no mesmo, e contou co enorme privilexio de ser escollido entre os aspirantes para participar como relatores.
Dende aquí, gustaríanos facerlle chegar o noso máis profundo agradecemento a Roberto Brenlla, membro do comité de selección de contidos, polo bo acollemento que tivo da nosa candidatura, e pola valiosa asistencia que nos fixo para que a mesma percorrese exitosamente todos os pasos para ser aprobada.
		<slash:comments>0</slash:comments>
Selección da ponencia de Ghandalf para a OSWC
Aínda que as últimas novas ( <a href=\"http://www.opensourceworldconference.com/malaga10/?q=node/3467\">http://www.opensourceworldconference.com/malaga10/?q=node/3467 ) non son moi esperanzadoras no que á Celebración da Open Source World Conference se refire, si que nos gustaría destacar que a Asociación GHANDALF presentara no seu día unha ponencia para acudir como relatores a esta Conferencia Internacional, e a Comisión de Valoración da mesma tivo a ben seleccionala como Ponencia a realizarse.
Cabe destacar que o número de ponencias candidatas a selección foi de bastante máis de cen, o que lle engade un punto máis de mérito a que a nosa ponencia fora seleccionada para Público Xeral dentro da programación da Open Source World Conference de Málaga 2010.
Aínda que estamos á espera de ver como se resolve finalmente o tema das alternativas á OSWC (así como o encaixe que a nosa ponencia e traballo teñan na mesma), dende Ghandalf queremos facerlle chegar a calquera interesado o abstract da mesma, para que poida facerse unha idea do contido que a nosa participación na OSWC ía (ou aínda vai) a ter.
Deste xeito, en <a href=\"http://www.opensourceworldconference.com/malaga10/?q=node/1008\">http://www.opensourceworldconference.com/malaga10/?q=node/1008  pode verse a nosa candidatura, na que destaca a memoria resumo enviada, dispoñible tanto neste <a href=\"http://www.opensourceworldconference.com/malaga10/sites/default/files/ProducingOSS-GL_CISL2010_GHANDALF.pdf\">enlace como nestroutro <a href=\"http://www.ghandalf.org/?attachment_id=272\">enlace.
		<slash:comments>2</slash:comments>
Breve resumo da VII GUADEC Hispana
Con un pouco de atraso aportamos o noso resumo da sétima edición da <a title=\"VII Guadec Hispana\" href=\"http://2010.guadec.es\">GUADEC Hispana, que tivo lugar en A Coruña os días 22 e 23 de xullo e na que Ghandalf colaborou na súa organización. Este evento é a versión hispana da Conferencia Europea de Desenvolvedores e Usuarios de GNOME (GUADEC), que este ano celebrouse en A Haia (Países Baixos).
As charlas tiveron alta participación, con ao redor de case 100 persoas provenientes principalmente de España, aínda que tamén houbo varias persoas de outros países. Presentáronse temas de todo tipo, tanto a nivel xeral do estado do proxecto GNOME e os seus desenvolvedores, como a nivel máis técnico, no que presentáronse varios proxectos relacionados coa plataforma e tamén avances sobre o que supoñerá GNOME 3 para os programadores.
Ghandalf participou tamén nas charlas xa que Pablo Sanxiao presentou unha ponencia sobre GTranslator, do que é o principal desenvolvedor, na que explicou como o programa para traducir software estase a preparar para a súa versión 2, e os vindeiros cambios para GNOME 3.
Unha vez máis hai que destacar a boa organización de <a title=\"GPUL\" href=\"http://www.gpul.org/\">GPUL, e <a title=\"GNOME Hispano\" href=\"http://www.es.gnome.org/\">GNOME Hispano, que fixeron un traballo moi profesional e excepcional, sobre todo tendo en conta o corto marxe de tempo que tiveron para poder preparar este evento.
		<slash:comments>0</slash:comments>
Ghandalf colabora na VII GUADEC-Hispana
Os vindeiros dias 22 e 23 de Xullo terá lugar na <a href=\"http://www.fic.udc.es\">Facultade de Informática da Coruña a <a href=\"http://2010.guadec.es\">VII GUADEC-Hispana. Este evento reunirá á comunidade de desenvolvedores e usuarios de fala hispana do proxecto <a href=\"http://www.gnome.org\">GNOME. O programa de este ano inclúe moitos temas interesantes para os asistentes que queiran coñecer como empezar a participar nunha comunidade de Software Libre. Pero tamén permite coñecer as últimas novidades do proxecto GNOME e canto á súa aplicación a tecnoloxías móbiles, estudos da súa comunidade, melloras en acecesibilidade, as implicacións dos novos navegadores ou o soporte de sistemas Multitouch, entre outros moitos temas. O <a href=\"http://2010.guadec.es/guadec/programa\">programa pódese consultar na web do evento.
A organización corre a cargo da asociacións <a href=\"http://www.gnomehispano.org/\">GNOME Hispano e <a href=\"http://www.gpul.org\">GPUL e contará coa colaboración de Ghandalf, que volverá a traballar man a man con GPUL como xa fixo na pasada <a href=\"http://www.dudesconf.org/\">DudesConf. Ademáis de na organización do evento Ghandalf participará nel activamente xa que un dos seus membros foi conviado como relator dunha das ponencias.
O rexistro do evento está dispoñible a través do seguinte <a href=\"http://2010.guadec.es/guadec/registro\">formulario.
		<slash:comments>0</slash:comments>
A Asociación GHANDALF participou como relatora nas VII Xornadas de Software Libre de Mugardos
A Asociación Ghandalf tivo a honra de participar nas <a href=\"http://www.comunidadeozulo.org/programaxornadas2010\" target=\"_blank\">VII Xornadas de Software Libre de Mugardos, celebradas o pasado 26 de xuño na Casa do Concello de Mugardos,  mediante unha ponencia adicada a analizar polo miúdo o concepto de Interoperabilidade, e a súa implicación na integración de sistemas libre e sistemas privativos.
En liñas xerais, a afluencia de público ao evento foi moi significativa, así como a interacción do mesmo cos relatores. O nivel das ponencias foi realmente moi bo, ademais de contar todas elas cun elevado interese. A sensación final coa que nos quedamos os participantes na Xornadas foi que as mesmas rozaron a perfección en moitos eidos.
Os materiais empregados pola Asociación Ghandalf na súa ponencia \”Interoperabilidade entre Sistemas Libres e Sistemas Privativos. A Convivencia é posible\” están dispoñibles na <a href=\"http://www.ghandalf.org/documentacion/\" target=\"_blank\">sección de documentación da nosa Web, ou directamente no seguinte <a href=\"http://www.ghandalf.org/wp-content/uploads/InteroperabilidadeEntreSistemasLibres-e-Privativos.odp\" target=\"_blank\">enlace.
Por outra banda os organizadores das Xornadas, a<a href=\"http://www.comunidadeozulo.org/\" target=\"_blank\"> Asociación Comunidade o Zulo, a maiores de demostrar unha capacidade organizativa envexable, gravaron en video todo o decorrer das xornadas, polo que foi posible que as mesmas foran seguindas on-line de xeito virtual por varias ducias de internautas, así como que poidamos volver a disfrutalas conectándonos a <a href=\"http://www.ustream.tv/channel/prueba-scq-2\" target=\"_blank\">http://www.ustream.tv/channel/prueba-scq-2
		<slash:comments>1</slash:comments>
A Asociación GHANDALF inicia a Convocatoria Pública para a concesión de 2 Bolsas para desenvolvemento de PFCs Software Libre
A Asociación GHANDALF, ao abeiro do Convenio 2010 entre as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre e maila Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, inicia o proceso de concesión de dúas Bolsas a estudantes universitarios de disciplinas técnicas relacionadas co Software (Enxeñería Informática, Telecomunicacións, Industriais e relacionados) para que o Proxecto Fin de Carreira (PFC) que leven a cabo desenvolva sistemas/aplicacións Software Libre, ou aporte valor técnico no ecosistema do Software Libre.
A intención desta actividade é darlle apoio e orientación técnica a estudantes para que o Proxecto Fin de Carreira que desenvolvan estea imbuído pola filosofía do Software Libre, e ao mesmo tempo poida aportar o seu gran de area no enriquecemento do ecosistema galego do Software Libre.
As bases da convocatoria, e o procedemento para concorrer na mesma, achéganse conxuntamente con esta nova. Só tes que premer neste <a href=\"http://www.ghandalf.org/wp-content/uploads/BasesBolsasPFC_SwL_2010.pdf\" target=\"_blank\">enlace para ver as bases da convocatoria, ou ben neste outro <a href=\"http://www.ghandalf.org/?attachment_id=229\">enlace se queres deixar comentarios sobre o texto da propia convocatoria.
Se estás a voltas co PFC… anímate a participar!
		<slash:comments>0</slash:comments>