Ghandalf participa na organización da Dudesconf 2 marzo 2010

Do 9 ao 11 de Abril celebrarase na Facultade de Informática da Coruña a Dudesconf. Esta evento ten por obxectivo reunir aos desenvolvedores e usuarios do proxecto Debian en España e das súas distribucións derivadas, co fin de colaborar xuntos no desenvolvemento e intercambiar opinións sobre o futuro do proxecto.

A edición de este ano, que é xa a terceira, contará co apoio de Ghandalf para a súa organización, sumándose así a GPUL que xunto coa comunidade Debian en España, promove a celebración deste evento.

Ata o vindeiro 28 de Marzo está aberto o prazo para a recepción de propostas de actividades a realizar durante a Dudes. Aqueles interesados en propoñer algunha actividade deberán enviar un correo a ana at debian dot org, indicando no asunto  [DUDES]  e incluíndo o tipo de actividade, a duración, o público obxectivo e unha breve introdución dos contidos.

Máis información na páxina oficial do evento.

Leave a Reply