Resumo da Charla sobre Software Libre no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano 31 mayo 2010 No Comments

Con un pouco de retraso, pero máis vale tarde que nunca, aportamos a continuación un breve resumo sobre a \”Charla sobre Software Libre no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano\” feita por Andrés Estévez.

Contextualizando o evento, é preciso comentar que o devandito curso estaba formado por un conxunto de charlas que abarcaban distintos aspectos da cooperación. Así, o reto era importante xa que a audiencia, alumnos de todas as carreiras dos campus de Santiago de Compostela, non tiñan por que estar predispostos para unha charla desta temática. Probablemente, os seus intereses ao matricularse no mesmo estivesen dirixidos a aspectos máis \”clásicos\” da cooperación. O reto que se presentaba era, entón, importante. Tratábase dun grupo heteroxéneo do que, ademais, se descoñecía a súa motivación cara a esta materia.

Co fin de conseguir manter a atención optouse por realizar unha conferencia moi colaborativa e dinámica onde participasen todos por igual. Baseándose neste proceder, comezouse a sesión lanzando preguntas ao aire (que é o software libre? que é o software?). Eran cuestións básicas e sinxelas que serviron para romper o xeo e fomentar a participación da gran maioría de alumnas e alumnos, cada cal achegando o que podía e animándose cada vez máis. Con todo, eran preguntas con trampa. Non eran tan sinxelas e moitas das ideas que xurdiron durante as contestacións serviron de base para toda a hora de clase.

Durante a clase falamos de:

  • as características do software en contraposición a outros produtos industriais tanxibles e como estas condicionan tanto o modelo de desenvolvemento como de negocio detrás do mesmo
  • as diferenzas entre software privativo e software libre
  • o software libre como ferramenta para o fomento das economías locais:  modelos cooperación-competividade
  • o software libre como tecnoloxía apropiada

A presentación utilizada está dispoñible neste enlace.

A continuación podes ver algunha fotos da Charla.

Read the rest of this entry »

A GUADEC Hispana volve a A Coruña 30 mayo 2010 No Comments

Este ano a GUADEC Hispana volve a A Coruña. Esta edición, a septima xa, celebrarase os dias 22 e 23 de xullo na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Será unha boa oportunidade de compartir horas con desenvolvedores e xente importante da comunidade GNOME hispano falante así como coñecer de preto as novidades e o estado do proxecto.

GHANDALF estará presente nesta edición coma colaborador da man de GPUL e GNOME Hispano, asociacións organizadoras do evento.

Se a tua empresa, asociación ou institución está interesada en botar unha man ou patrocinar o evento podes poñerte en contacto cos organizadores a través do correo \”chair (arroba) guadec (punto) es\”.

A petición de contribucións está xa aberta e permanecerá ata o 14 de xullo de 2010. Enviade a vosa o antes posible.

Participación de GHANDALF no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano 22 abril 2010 No Comments

O V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano é unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteira Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que persegue mostrar as/aos alumnas/os unha visión global das causas e consecuencias da pobreza e da desigualdade no mundo e a necesidade de xuntar esforzos e adquirir un compromiso activo para poder combater esas situacións.
No discorrer do curso vaise facer fincapé na importancia de por a tecnoloxía e a enxeñería a servicio do desenvolvemento, entendéndoas e aplicándoas dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental en que se empregan.
A nosa Asociación recibiu a honra de participar nestas xornadas a través da ponencia que vai a levar a cabo Andrés Estévez (membro do Grupo de Sistemas de Información de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e membro de GHANDALF) titulada \”Tecnoloxías da información para a Comunicación (TICs). O caso do Software Libre\”.
A devandita ponencia está reprogramada para o venres 23 de abril entre as 18:45 e as 20:00 horas no campus sur da Universidade de Santiago de Compostela.

Resumo, moi resumido, da DudesConf 2010 No Comments

A DudesConf 2010, celebrada en A Coruña entre os pasados 9 a 11 de abril de 2010 e na que Ghandalf participou como co-organizador e co-patrocinador, foi todo un éxito. A modo de resume, podemos comentar que:

- A concorrencia de público estivo na media habitual: entorno a unhas 50/60 persoas, con bastantes participantes provintes do estranxeiro.

- O nivel técnico das conferencia foi moi alto, co cal a importancia da aportación que este evento fai ao proxecto Debian é indiscutible.

- A comunidade Debian española está moi centrada na rama principal do proxecto Debian, e tras falar con eles, parece que quedaron encantados co discorrer do evento.

No tocante á organización, gustaríanos remarcar o bo facer e profesionalidade de GPUL, dúas características que sen dúbida axudan a transmitir unha imaxe apropiada do asociacionismo galego en torno ao Software Libre.

Máis info dispoñible en:
http://planet.debian.net/cgi-bin/search.cgi?terms=dudesconf
http://www.flickr.com/photos/bertogg/sets/72157623696486311/
http://ekaia.org/blog/2010/04/11/dudesconf-2010/
http://blogs.igalia.com/berto/2010/04/12/dudesconf-2010/

Read the rest of this entry »

Ghandalf participa na organización da Dudesconf 2 marzo 2010 No Comments

Do 9 ao 11 de Abril celebrarase na Facultade de Informática da Coruña a Dudesconf. Esta evento ten por obxectivo reunir aos desenvolvedores e usuarios do proxecto Debian en España e das súas distribucións derivadas, co fin de colaborar xuntos no desenvolvemento e intercambiar opinións sobre o futuro do proxecto.

A edición de este ano, que é xa a terceira, contará co apoio de Ghandalf para a súa organización, sumándose así a GPUL que xunto coa comunidade Debian en España, promove a celebración deste evento.

Ata o vindeiro 28 de Marzo está aberto o prazo para a recepción de propostas de actividades a realizar durante a Dudes. Aqueles interesados en propoñer algunha actividade deberán enviar un correo a ana at debian dot org, indicando no asunto  [DUDES]  e incluíndo o tipo de actividade, a duración, o público obxectivo e unha breve introdución dos contidos.

Máis información na páxina oficial do evento.

O Master de Software Libre xa se pode cursar por módulos 20 diciembre 2009 No Comments

O Master de Software Libre organizado pola empresa galega Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos xa permite cursar algúns módulos de xeito independente. A inscrición xa está aberta para os seguintes módulos:

Cada un dos  módulos poderase cursar dende 980€ grazas a política de descontos do Master coma por exemplo ser socio dalgúns GULs entre eles Ghandalf.

Proxecto poss-gl: tradución do libro \”Producing Open Source Software\” 29 noviembre 2009 No Comments

O proxecto poss-gl é un esforzo por traducir ó galego o libro \”Producing Open Source Software\”, de Karl Fogel.

A importancia deste libro radica en que foi un dos pioneiros en tratar de explicar cómo xestionar un proxecto de software libre, a partir das experiencias do autor como un dos líderes do proxecto Subversion e a súa participación noutros proxectos.

GHANDALF apoia esta iniciativa coordinando o traballo e poñendo os recursos necesarios para executalo, na que tamén participan varios traductores alleos á asociación que colaboran tanto na tradución de capítulos individuais como na etapa de revisión final do texto completo.

A continuación unha fotografía do proxecto:

A intención do equipo do proxecto é tratar e rematar o traballo nas seguintes semanas, antes de que remate o ano. Se desexas participar na tradución ou en tarefas de programación, deseño web, etc podes poñerte en contacto connosco enviando un correo a producingoss@listas.ghandalf.org

1ª asamblea de GHANDALF No Comments

Este fin de semana tivo lugar a primeira asamblea de GHANDALF, na que os socios que a conforman tiveron a oportunidade de debatir o estado da asociación nos seguintes puntos:

  • Informe dos proxectos levados a cabo durante 2009 e os que están en curso.
  • Proxectos para o 2010.
  • Federacion de LUGs galega: informe de estado actual e participación actual da asociación.
  • Estado das contas actual e aprobación do presuposto para o ano 2010.

Taller de Software Libre para Enxeñería Sen Fronteiras No Comments

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ONGD galega pertencente á Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras, celebrou un par de semanas atrás unha das súas reunións anuais de formación e asamblea de socios.

Dentro das actividades programadas, GHANDALF colaborou na realización dun taller específico sobre Software Libre en entidades de cooperación ó desenvolvemento.

O taller tiña como obxectivo aglutinar os esforzos e debates que dende hai uns anos Enxeñería Sen Fronteiras Galicia está levando a cabo internamente ó redor do Software Libre. O taller atacou dous eixos principais: por un lado, tratou de enmarcar o software libre dentro da filosofía da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano; polo outro, traballáronse aspectos prácticos relativos ó impacto que ten o software no día a día das asociacións non lucrativas de desenvolvemento.

Charla para o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia 27 octubre 2009 No Comments

GHANDALF realizará este venres no Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación de Vigo de 19:00 a 21:00h unha charla de Introdución ó Software Libre e ó Sistema Operativo Ubuntu. Durante a sesión, tratarase de que os asistentes comprendan o concepto do Software Libre así como de amosar o uso e estado do Software Libre no escritorio practicando co sistema operativo Ubuntu.

Introdución

  • Qué é o Software Libre?
  • Por qué é útil para empresas, administracións e usuarios?
  • Proxectos de Software Libre:
    • Nokia e Maemo
    • A Generalitat Valenciana e GvSIG
    • Linux e a comunidade que ten ó seu arredor

Módulos de Uso do Sistema

Básico (uso ofimático)

  • Primeira Vista do Sistema
  • Instalación de programas
  • Conceto de escritorios
  • Multimedia, Internet
  • OpenOffice

Avanzado

  • Virtualización e uso de varios sistemas.
  • Compartición de recursos entre diferentes sistemas operativos
  • Sincronización e backups.
  • Uso de consola e automatización de tarefas.
  • Caso específico: uso de GIS