10 anos de Arduino. Arduino Day 2014

O 29 de Marzo celébrase a nivel global un evento de celebración dos 10 anos de Arduino, plataforma de Hardware Libre creada para facilitar a creación de proxectos interactivos.

A asociación makers.lugo, da que forman parte algúns membros de Ghandalf, uníndose ás celebracións globais do Arduino Day 2014 #ArduinoD14 organiza un evento aberto e para tódolos públicos, que terá lugar na Casa da Xuventude, Rúa Xesús Bal e Gay, a mañá do sábado 29 de Marzo, de 10:30 a 13:30.

Ó longo da mañá, membros das asociacións makers.lugo e Bricolabs, estarán dispoñibles para resolver dúbidas para quen desexe introducirse no mundo de Arduino, axudar a aqueles que desexen empezar a facer proxectos. Tamén haberá un espacio onde tódolos participantes poderán amosar os seus proxectos realizados con Arduino.

Máis información:
• Arduino – http://arduino.cc/
• #ArduinoD14 – http://day.arduino.cc/
• Asociación makers.lugo – http://makerslugo.odiseus.org/
• Asociación Bricolabs – http://bricolabs.cc/
• Información sobre o evento en Galicia, Lugo – http://makerslugo.odiseus.org/evento/10-anos-de-arduino/

Facebooktwittergoogle_plusmail

Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro vaise celebrar na Ágora da Coruña a segunda edición da OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

  • É un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico cun formato innovador e participativo, centrado no Open Source Hardware (Hardware Libre)
  • Dá continuidade ás edicións anteriores, que foron todo un éxito de público, e a
    eventos similares celebrados ao longo de toda España
  • Promovida pola Asociación GHANDALF, e organizada pola asociación BricoLabs,
    na edición 2013 ampliamos tanto os contidos do evento como o aforo e maila
    duración do mesmo

Se estás interesado no Open Source Hardware, en Arduino, nas impresoras 3D, en escáneres de obxectos reais, na montaxe de circuítos electrónicos, nos robots, arte dixital, software libre embebido, electrónica en xeral, etc. tes unha cita ineludible os vindeiros 30 de novembro e 1 de Decembro no Centro Cultural Ágora da Coruña.

Como a edición pasada da OSHWDEM foi todo un éxito, recibindo máis do dobre de asistentes dos esperados e obrigando a pechar as inscricións antes do previsto para non superar o aforo do local, este ano ampliamos tanto os contidos do evento como o aforo dispoñible e maila duración do mesmo.

Na OSHWDEM imos combinar charlas divulgativas con espazos demostrativos, abordando diferentes temáticas relacionadas co Hardware Libre: impresoras 3D, Raspberry Pi, Arduino, montaxe de circuítos electrónicos, arte dixital, deseño 3D con ferramentas libres, robótica, etc. Tamén faremos obradoiros de montaxe de circuítos electrónicos e deseño 3D, para que os asistentes poidades meter as mans na masa.

Continue reading Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro vaise celebrar na Ágora da Coruña a segunda edición da OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

Facebooktwittergoogle_plusmail

Xornada sobre xeomática e software libre no IES Xulián Magariños

Este martes 19 de novembro a Asociación GHANDALF vai impartir unha xornada de divulgación e formación dirixida aos alumnos dos Ciclos Superiores de Informática do IES Xulián Magariños de Negreira.

A temática da devandita xornada vaise centrar nos Sistemas de Información Xeográfica baseados en  Software Libre, tendo como obxectivo amosarlle a panorámica xeral deste ámbito e a súa relación co Software Libre aos alumnos dos ciclos de formación profesional do Centro. Dado que o campo da xeomática non adoita estar moi cuberto na docencia de informática, seguramente esta xornada sexa unha boa canle introdutoria sobre este campo para todos os asistentes.

Os relatores da xornada teñen un destacado perfil tecnolóxico e unha dilatada experiencia laboral no ámbito do software libre e os sistemas de información xeográfica, polo que os asistentes van poder ver de primeira man as perspectivas laborais que ofrece este ámbito.

Facebooktwittergoogle_plusmail

Ghandalf e Xeoinquedos organizamos a primeira Geocamp ES

O mundo das tecnoloxías de información xeográfica e o software libre están a ter cada vez un peso máis grande no mundo no que vivimos, tanto dende o punto de vida persoal como profesional. Nos últimos anos estase a vivir un movemento de xente con grandes inquedanzas sobre estos temas e están a aparecer grandes profesionais do sector que falan Galego e que participan en proxectos e xornadas de caracter nacional e internacional.

A partires dunha destas participacións, concretamente na Geocamp do ano 2012 en Campo Maior (Portugal) nace a idea de crear un evento no que compartir experiencias e coñecemento sobre temas “xeo” e software libre en Galicia.

Organizada por un grupo de xeoinquedos galegos e maila asociación GHANDALF, a Geocamp que se fará en formato de “desconferencia” tenta favorecer a participación e a colaboración, xa que serán os propios participantes no evento os que conforme o programa de charlas o propio día do mesmo, xusto antes de comenzar. Por suposto está garantida a participación de grandes nomes no mundo do software libre e da xeomática a nivel nacional e internacional.

Esta primeira edición celebrarase na localidade de Bouzas, que pertence ao municipio de Vigo, fuxindo así das grandes cidades e apostando tamén por dar a coñecer as pequenas vilas galegas e os seus encantos.

A entrada é de balde, así como a comida e os cafés que se servirán nos descansos, haberá agasallos para os asistentes e algunha sorpresa final. Todo isto grazas aos patrocinadores do evento.

Para estar atento as novidades está dispoíble unha web do evento, así como perfís de
twitter(@geocampes) e facebook.

Facebooktwittergoogle_plusmail

Libro “Máster Software Libre en Galicia, ano II”

No ano 2012 a Asociación GHANDALF elaborou o libro “Máster Software Libre en Galicia, ano II“, sendo o mesmo unha escolma dos principais traballos levados a cabo polos alumnos deste Máster na súa edición galega do curso 2008-2009. Deste xeito, inclúe os traballos de:

Manuel Fontán García
Pedro García Rodríguez
Javier Jardón Cabezas
Beatriz Montero Fernández
José Puente Fuentes
Manuel Rego Casasnovas

A maiores dos contidos citados, o libro contra cun prólogo xentilmente elaborado pola Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) e con epílogo obra do GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux).

O traballo de elaboración do libro foi levado a cabo pola Asociación GHANDALF, sendo Roberto Vieito o encargado da coordinación e dirección das diferentes tarefas precisas para a súa confección.

A falta de rematar unha web propia para este libro na que se inclúan os ficheiros fonte e mailas diversas versións do mesmo, ao estilo de producingoss.ghandalf.org ou mswl.ghandalf.org, no presente artigo poñemos a disposición de calquera interesado-a este novo libro técnico en galego sobre o Software Libre. Pódelo descargar dende  esta ligazón.

Facebooktwittergoogle_plusmail