Participa 23 julio 2009
A Asociación GHANDALF é unha Asociación aínda xoven, formalmente constituída en Xuño de 2009, pero con moita ilusión e cun gran percorrido por diante. Exemplo deste espírito son actividades e proxectos como os seguintes:
- Charlas en diversos actos, como por exemplo nas VI xornadas de SL da Comunidade O Zulo
- Proxecto de tradución do libro Producing OSS, de Karl Fogel
Sendo membro de GHANDALF tamén podes acceder a unha serie de vantaxes, como pode ser o aforro dun 20% no Máster en Software Libre.
Se es unha persoa interesada en participar nalgunha das actividades ou proxectos de GHANDALF, queres facerte socio-a ou desexas recibir algunha información sobre GHANDALF, non dubides en porte en contacto connosco a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
secretaria@ghandalf.org
Somos unha Asociación xoven e dinámica que persegue un noble fin, se cres que podes colaborar connosco… estamos esperando por ti!

Leave a Reply