Resumo da Charla sobre Software Libre no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano 31 mayo 2010

Con un pouco de retraso, pero máis vale tarde que nunca, aportamos a continuación un breve resumo sobre a \”Charla sobre Software Libre no V Curso de Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano\” feita por Andrés Estévez.

Contextualizando o evento, é preciso comentar que o devandito curso estaba formado por un conxunto de charlas que abarcaban distintos aspectos da cooperación. Así, o reto era importante xa que a audiencia, alumnos de todas as carreiras dos campus de Santiago de Compostela, non tiñan por que estar predispostos para unha charla desta temática. Probablemente, os seus intereses ao matricularse no mesmo estivesen dirixidos a aspectos máis \”clásicos\” da cooperación. O reto que se presentaba era, entón, importante. Tratábase dun grupo heteroxéneo do que, ademais, se descoñecía a súa motivación cara a esta materia.

Co fin de conseguir manter a atención optouse por realizar unha conferencia moi colaborativa e dinámica onde participasen todos por igual. Baseándose neste proceder, comezouse a sesión lanzando preguntas ao aire (que é o software libre? que é o software?). Eran cuestións básicas e sinxelas que serviron para romper o xeo e fomentar a participación da gran maioría de alumnas e alumnos, cada cal achegando o que podía e animándose cada vez máis. Con todo, eran preguntas con trampa. Non eran tan sinxelas e moitas das ideas que xurdiron durante as contestacións serviron de base para toda a hora de clase.

Durante a clase falamos de:

  • as características do software en contraposición a outros produtos industriais tanxibles e como estas condicionan tanto o modelo de desenvolvemento como de negocio detrás do mesmo
  • as diferenzas entre software privativo e software libre
  • o software libre como ferramenta para o fomento das economías locais:  modelos cooperación-competividade
  • o software libre como tecnoloxía apropiada

A presentación utilizada está dispoñible neste enlace.

A continuación podes ver algunha fotos da Charla.

\"Andrés

\"Conseguíuse

\"Resolución

Leave a Reply