Resumo da participación de Ghandalf na LSWC 17 noviembre 2010

Como viñemos dando conta na nosa Web, Ghandalf aportou o seu gran de area na organización e celebración da LSWC e máis tamén participou na mesma coa ponencia que tiña aprobada para a OSWC.

O día 27 de outubro, en Málaga, foi un gran día para o Software Libre en España, posto que se celebrou un impresionante evento organizado e patrocinado nun tempo record por distintos axentes Software Libre de todo o estado. É moi salientable o alto nivel que tivo o evento, e o comportamento exemplar dos moitos participantes no mesmo. Asimesmo, ASOLIF e as empresas que o compoñen (a través das distintas Asociacións Autonómicas de Empresas de Software Libre) demostraron unha enorme capacidade de traballo en comunidade; noraboa a todos, e moitas grazas polo conseguido!

No ámbito da LSWC, Ghandalf levou a cabo a ponencia \”Localización y traducción de documentación de alto nivel\” entre as 15:30 e as 16:00 horas na Sala 2 do evento. Durante estes 30 minutos, Ghandalf explicoulle á audiencia da sala a conceptuación do proxecto POSS-GL, as distintas fases polas que discorreu a súa definición e execución, así como os resultados obtidos do mesmo, e a metodoloxía xerada.

Foi un pracer para os membros de Ghandalf que se desprazaron ata a LSWC comprobar o interese da audiencia, así como os contactos mantidos con posterioridade á mesma para ver a aplicabilidade da metodoloxía desenvolta a proxectos de índole ben distinta.

Así mesmo, foi unha agradable sorpresa comprobar a gran asistencia que houbo ao evento (durante a sesión de inaguración o público excedía a capacidade da sala), e a gran presenza de axentes Software Libre galegos, síntoma claro da boa saúde da que goza o Software Libre made in Galicia.

A presentación empregada na LSWC está dispoñible na sección de documentación da nosa web, sendo os seguintes os seus enlaces directos:

\"Ponencia
Leave a Reply