A asociación GHANDALF é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na consecución do obxectivo xeral da construcción dunha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso do software e da información. GHANDALF loita na procura deste ambicioso obxectivo mediante a implementación de actividades concretas, correctamente artelladas nunha estratexia definida, tales como a divulgación da filosofía e as posibilidades do software libre, a promoción das vantaxes que fornece nos eidos de fomento da competividade e a innovación, o impulso dos estándares abertos, etc…

Se quixeres colaborar na mellora da sociedade desde o punto de vista da tecnoloxía, os membros da Asociación GHANDALF estaremos encantados en prestarche toda a axuda que poidamos.

Xunta directiva

Presidente: Roberto Vieito Raña

Secretario: Pablo Sanxiao Roca

Tesoureiro: Francisco Puga Alonso

Vogal: Juan Ignacio Varela García