Xornada de Cartografía colaborativa con Drons no CEIP Virxe do Carme de Sober

O pasado venres tivemos a sorte de compartir unha xornada coas rapazas e rapaces do CEIP Virxe do Carmen en Sober. A idea era introducilos no mundo da cartografía colaborativa da man do proxecto OpenStreetMap e mostrarlles como os drons nos poden axudar nesta tarefa de cartografiar o mundo empezando polo sitio donde vivimos.

IMG_20190507_191222_507_FotorA xornada estivo dividida en tres partes. Comezamos por repasar conceptos básicos sobre os mapas, que elementos conteñen, como se fan e como nos sirven para contar historias. Para iso deixamos que primeiro eles debuxasen un mapa de Sober e sobre iso  empezamos a repasar conceptos con varios exemplos. Iso nos levou a como se fan os mapas hoxe en día e como a tecnoloxía vai mudando a forma de facelos.
IMG_20190507_191235_236_Fotor

Con isto enlazamos a segunda parte que consistiu en facer un voo  co dron para obter unha ortofoto sobre a que poder despois mapear as zonas de Sober mediante OSM. Para compoñer a ortofoto empregamos o proxecto de software libre WebODM.

IMG_20190507_191224_831_FotorPor último, de novo na aula, ensinamoslles como mapear con OpenStreetMap, empregando como base a ortofoto que fixemos co dron, para que puxesen no mapa os sitios máis importantes do concello, así divididos en grupos foron localizando varios puntos de interese do concello ou mesmo algunha estrada que non estaba mapeada.

 

Agradecerlle enormemente a todo o profesorado do centro a súa axuda, a Elías e Rocío por organizalo, e sobre todo ás rapazas e rapaces, verdadeiros protagonistas da xornada, pola seu recibimento e a súa atención. Da gusto ver como se implican, a súa curiosidade polas cousas novas e como asimilan todos os conceptos en tan pouco tempo. Esperamos que de aquí nuns anos sexan eles quenes nos conten historias cos mapas.

 

Facebooktwittergoogle_plusmail

DronDay, un día para aprender todo sobre drons

Dende fai un tempo na Asociación estamos a investigar sobre as posibilidades de uso de drons e software libre para obter imaxes aéreas que poidan servir como cartografía base para certos proxectos e ser empregadas xunto con OpenStreetMap. Para iso contamos coa colaboración de Xeoinquedos e xuntos estivemos a explorar varias opcións ata que contactamos coa xente do proxecto DroneMapZ de Zaragoza, quenes levaban xa tempo explorando tamén esta vía.

Froito destes contactos o vindeiro sábado 17 de Xuño organizamos en Vigo unha xornada que denominamos DronDay, onde grazas a Fran e Xosé Luis faremos unha introdución a todas estas tecnoloxías aberta ao público. Pola maña faremos varios voos con diferentes drons para ver como se poden obter imaxes aéreas dunha zona, e despois, xa pola tarde veremos como procesar todas esas imaxes, con software libre, para poder empregalas como base en OpenStreetMap, dispoñendo así de información sobre a que xerar nova cartografía coas ferramentas de OSM.

Na páxina web que fixemos para o evento podedes atopar toda a información en detalle, así como a ligazón para inscribirse no mesmo, xa que polas características da xornada temos prazas limitadas.

Esta actividade forma parte das que dende a Asociación Ghandalf facemos en colaboración coa AMTEGA, a través do convenio que asinamos para a difusión do software libre en Galicia.

Facebooktwittergoogle_plusmail