Nova web do libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II

libro-mswl2Publicamos unha nova páxina web adicada ao libro Máster Software Libre en Galicia, Ano II, libro, que editamos dende a Asociación GHANDALF fai xa uns anos, e que recolle os traballos fin de mestrado dos alumnos da segunda edición do Máster de Software Libre, traducidos ao galego.

Dende GHANDALF, cremos na importancia da difusión do Software Libre, así como na importancia de dispoñer de documentación en galego que achegue esta o coñecemento aberto á nosa terra. Por iso, dende o principio, unha das nosas principais actividades foi a da edición de libros sobre Software Libre na nosa lingua, comenzado pola tradución dun libro de referencia como foi Creando Software Libre, de Karl Fogel, e as ata o de agora dúas publicacións dos traballos da primeira e segunda edición do Máster.

Nesta nova páxina web pódese atopar un pouco de historia do libro, quen participou, os prólogos e epílogos que diferentes entidades nos fixeron para o mesmo, e o máis importante, os enlaces para a súa descarga, en formato libre e editable, xa que o mesmo se publica baixo licenza creative commons.

Para rematar, salientar que o desenvolvemento desta nova páxina web, de igual xeito que no seu momento a edición da versión impresa, foi posible grazas ao convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do Software Libre.

Facebooktwittergoogle_plusmail

Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro vaise celebrar na Ágora da Coruña a segunda edición da OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

  • É un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico cun formato innovador e participativo, centrado no Open Source Hardware (Hardware Libre)
  • Dá continuidade ás edicións anteriores, que foron todo un éxito de público, e a
    eventos similares celebrados ao longo de toda España
  • Promovida pola Asociación GHANDALF, e organizada pola asociación BricoLabs,
    na edición 2013 ampliamos tanto os contidos do evento como o aforo e maila
    duración do mesmo

Se estás interesado no Open Source Hardware, en Arduino, nas impresoras 3D, en escáneres de obxectos reais, na montaxe de circuítos electrónicos, nos robots, arte dixital, software libre embebido, electrónica en xeral, etc. tes unha cita ineludible os vindeiros 30 de novembro e 1 de Decembro no Centro Cultural Ágora da Coruña.

Como a edición pasada da OSHWDEM foi todo un éxito, recibindo máis do dobre de asistentes dos esperados e obrigando a pechar as inscricións antes do previsto para non superar o aforo do local, este ano ampliamos tanto os contidos do evento como o aforo dispoñible e maila duración do mesmo.

Na OSHWDEM imos combinar charlas divulgativas con espazos demostrativos, abordando diferentes temáticas relacionadas co Hardware Libre: impresoras 3D, Raspberry Pi, Arduino, montaxe de circuítos electrónicos, arte dixital, deseño 3D con ferramentas libres, robótica, etc. Tamén faremos obradoiros de montaxe de circuítos electrónicos e deseño 3D, para que os asistentes poidades meter as mans na masa.

Continue reading Os vindeiros 30 de novembro e 1 de decembro vaise celebrar na Ágora da Coruña a segunda edición da OSHWDEM, xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware, onde poderás atopar robots, impresoras 3D e electrónica para todos os públicos

Facebooktwittergoogle_plusmail